Concello de Ourense
22/09/2023 12:57
O BNG advirte do desmantelamento paulatino por parte do Concello do programa Educocio
Desde o BNG denuncian que “co comezo de curso xa se tiñan que ter posto a andar as actividades deste programa que permite abrir once centros educativos polas tardes para que as crianzas poidan asistir ás mesmas, facilitando a conciliación familiar”.







