marisol diaz

Con Paco Sarria

15/01/2019 06:00

Repasamos a actualidade da xestión da Xunta en Ourense con Marisol Díaz

Cuestións de actualidade como a valoración do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para Galicia/Ourense, ou a petición á Xunta dunha comisión de investigación sobre os problemas coa calefacción nos centros de menores de Montealegre, entre os asuntos abordados hoxe no Ourense na Onda coa delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira.

Con Paco Sarria

18/12/2018 06:00

Entrevista con Marison Díaz delegada territorial da Xunta de Galicia

Abordamos coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, cuestións como a situación dos centros de menores xestionados pola Fundación Diagrama ou os investimentos anunciados polo presidente do executivo; Nuñez Feijoo; para o hospital de Ourense e que comezarían a executarse no 2020.

Con Paco Sarria

04/12/2018 06:00

Repasamos a acción da administración autonómica en Ourense.

Repasamos a acción da administración autonómica en Ourense en conversa coa delegada Territorial Marisol Díaz Mouteira. Asuntos como a campaña de vacinación antigripal, o convenio en materia vial co Concello ou as obras realizadas no Concello de Oimbra.

Ourense en la Onda Martes 20/11/2018

20/11/2018 06:00

Entrevista a delegada da Xunta, na provincia de Ourense, Marisol Díaz

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz lembra en Onda Cero Ourense algunhas das actuacións máis importantes que apoia a Xunta na provincia coma "a apertura dunha casa comunitaria para maiores en Toén" ou os "cinco programas de integración de emprego que beneficiarán a cincocentos desempregados".

Ourense en la onda 23/10/2018

23/10/2018 06:00

INFORMATIVO LOCAL EN OURENSE EN LA ONDA

O xuiz do xulgado de instrucción número 2 de Ourense admitÍu a trámite a querela da fiscalía e cita coma investigados a dous cargos da xunta por presunto acoso inmobiliario a unha inquilina de 92 anos.

Ourense en la onda 23/10/2018

23/10/2018 06:00

A ADMINISTRACIÓN DA XUNTA EN OURENSE

Abordamos coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asuntos como o comezo da campaña de vacinación antigripal, a reciclaxe de pilas ou o reparto de equipas a concellos para a loita contra a vespa velutina

Con Paco Sarria

11/10/2018 06:00

ENTREVISTA COA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE

Abordamos coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asuntos como as queixas en algúns comedores escolares da provincia e como foron resoltas. Tamén do proceso de información pública dos plans reitores de uso e xestión dos Parques Naturais da Enciña da Lastra e o Invernadoiro ou da estación fotovoltaica mais grande de Galicia que vai a poñerse en marcha en Vilardevós.

Ourense en la Onda 25/09/2018

25/09/2018 06:00

Ourense en la Onda 25/09/2018

25/09/2018 06:00

ENTREVISTA Á DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA

Conversamos coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, con motivo do comezo da vendima e a visita á adega na Ribeira Sacra. Asemade abordamos cuestións como as fins de semana gastronómicas e outras ligadas á administración autonómica na nosa provincia.

Con Paco Sarria

13/09/2018 06:00

Ourense en la Onda 13/09/2018

O musico ourensán Manuel Carballo que hoxe pecha os concertos do Verán Cultural do Concello, e o voceiro socialista na Deputación, Francisco Fraga, son os convidados hoxe dun Ourense na Onda no que tamén abordamos a actualidade municipal con novas como o borrador da ordenanza do botellón ou o desbloqueo da licitación das obras da Praza de Abastos.

Con Paco Sarria

11/09/2018 06:00

Ourense en la Onda 11/09/2018

No Ourense na Onda de hoxe abordaremos, por exemplo, o comezo do curso escolar coa delegada da Xunta, Marisol Díaz. E falaremos de El Quijote e dos exemplares que posúe o Arquivo Arqueolóxico con Justo Carnicero. Estos e outros contidos como os consellos en materia de hixiene bucodental de Mora&Bastida Clínica Odontológica, entre as 12.35 e as 14.00