emisora

Onda Cero Pontevedra

03/11/2016 13:49

Pontevedra en la Onda (03-11-2016)

Repasamos a actualidade da xornada cos últimos datos de desemprego sobre a mesa e conversamos co alcalde de Rodeiro, Luís López, na primeira parte do programa. Recibimos a visita da nosa xerontóloga de cabeceira e directora dos centros SARAIVA, Lucía Saborido, para falar de accesibilidade e de apoios para a autonomía co asesoramento de Luisa Miranda desde COGAMI. Como cada xoves buscamos CALIDADE pola provincia e coñecemos o grupo de consumo responsable A GRADICELA

Onda Cero Pontevedra

02/11/2016 14:24

Pontevedra en la Onda (02-11-2016)

A entrega do borrador de orzamentos á oposición en Pontevedra ou o futuro do Pazo de Lourizán son algunhas das cuestións de actualdiade que abordamos na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos de teatro co director da compañía Talía, Artur Trillo, protagonistas dunha nova función dentro do ciclo PONTEATRO: "Foucellas" chega mañá, xoves 3 de novembro, ás 21.00 h ao Teatro Principal. E adentrámonos na primeira sesión do programa Arela para a búsqueda activa de emprego

Onda Cero Pontevedra

31/10/2016 13:50

Pontevedra en la Onda (31-10-2016)

Repasamos a actualidade desta xornada pre-festiva que pasa polas perspectivas de ocupación e as actividades relacionadas co Samaín. No tempo da entrevista conversamos coa portavoz da Axencia de Doazón de Sangue e Organos de Galicia, Ángeles Pazos, e con Rubén Rey poñémonos ao día en materia deportiva. Temos espazo dedicado ao motor e tamén á nosa música cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

27/10/2016 15:52

Pontevedra en la Onda (27-10-2016)

Tralo debate de investidura comezamos o tempo de local para repasar a actualidade do día: coñecemos o borrador de orzamentos do concello de Pontevedra para o próximo exercicio e a candidatura de Cambados como capital europea de Enoturimo 2017.No tempo da entrevista conversamos co alcade de Silleda, Manuel Cuiña,e nunha nova edición de pontecalidade visitamos a tenda "Ve de intima" en Lalin.

Onda Cero Pontevedra

26/10/2016 14:20

Pontevedra en la Onda (26-10-2016)

A actualidade do día pasa polo pleno de organización celebrado en Cerdedo-Cotobade e outras cuestións no ámbito local e comarcal que repasamos no inicio do programa. No tempo da entrevista convidamos a Vicky Estevez e Carmen Cajide, presidenta e secretaria do novo Colectivo Feminista de Pontevedra. Ademais damos voz ao Banco de Alimentos da provincia que busca voluntarios para una nova gran recollida solidaria en novembro

Onda Cero Pontevedra

25/10/2016 13:57

Pontevedra en la Onda (25-10-2016)

As novidades xudiciais no último caso de violencia machista en Pontevedra, o expediente aberto ao concelleiro do PP, César Abale, e a visita de Gómez Noya a Pontevedra centran a actualidade da xornada que repasamos no inicio do programa. Como cada martes almorzamos nas cafeterías A DEVESA cos protagonistas da actualidade, hoxe coa deputada do PSdG, Patricia Vilán, como convidada. E os Cronopios veñen de visita acompañando a Mercedes Corbillón para incorporar novas lecturas á nosa axenda literaria de outono

Onda Cero Pontevedra

24/10/2016 14:01

Onda Cero Pontevedra

24/10/2016 14:01

Pontevedra en la Onda (24-10-2016)

Comezamos a semana coa campaña de vacinación contra a gripe e o aniversario do crime machista e Pontesampaio, cuestións que centran a nosa atención no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos co director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, para coñecer a campaña solidaria de recollida de tapóns coa que axudar a Nahir, una nena pontevedresa de 5 anos con parálise cerebral. E, como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e escoitamos as novidades musicais en galego

Onda Cero Galicia

19/09/2016 14:20

Gente Viajera de Galicia (16-09-2016)

Esta semana percorremos Galicia en autocaravana para coñecer as instalacións coas que conta este colectivo cada vez máis numeroso, comemos en Lugo nun posto do mercado e durmimos nunha das localidades máis devastadas polos incendios na Reserva da Biosfera do Xurés, Entrimo. Ademais de repasar a actualidade da semana e marcar AXENDA, viaxamos polo mundo cunha galega viaxeira, Solange Pereira, atleta afincada en Cangas do Morrazo .

Onda Cero Galicia

12/09/2016 12:09

Gente Viajera de Galicia 09-09-2016

Comezamos nova temporada viaxando por Galicia para coñecer o novo proxecto en Negreira do chef vasco Juan Mari Arzak e as rutas por Bueu que integran a programación paralela ao Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU. Repasamos a actualidade do sector cunha primeira parada en directo no Porriño e marcamos unha axenda de ocio para a fin de semana. De viaxe polo mundo lévanos unha galega viaxeira natural de Tui: Andrea González, pianista e investigadora