emisora

Onda Cero Pontevedra

05/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (05-07-2017)

O xuízo contra o parricida confeso de Moraña centra de novo a actualidade. En Pontevedra estivo a xornalista Sonsoles Ónega presentando o seu último libro «Después del amor», con ela conversamos no tempo da entrevista. Última sesión coach con Raquel Pedrouso por esta temporada e visita a Vilagarcía de Arousa guiados polo alcalde, Alberto Varela

Onda Cero Pontevedra

04/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (04-07-2017)

A actualidade do día céntrase na Audiencia Provincial de Pontevedra onde comeza o xuízo polo parricidio de Moraña. No tempo da entrevista conversamos co portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira. Percorremos as praias das Rías Baixas buscando a predicción metereolóxica, escoitamos á irreverente DINA MITA e ampliamos as nosas lecturas de verán con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Galicia

30/06/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (30-06-2017)

Último programa desta temporada co Camiño de Santiago como fío condutor no tempo da entrevista: "Woman to Santiago" é o proyecto de Noelia e Jan, os blogueiros viaxeiros que nos acompañan. A viaxe express ten como destino os Pendellos da Golada para coñecer o "Corazón da Artesanía". Carlos Taboada e Quique Mauricio propóñennos unha cuchipanda polas praias e os chiringuitos. E despedímonos ata despois do verán comendo o mellor pan do mundo, o pan de Cea. Feliz verán!

Onda Cero Galicia

02/06/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (02-06-2017)

Repasamos a actualidade do sector e facemos unha primeira viaxe express ata Compostela para percorrer o seu pasado medieval. Na entrevista estivemos coa editora de El Patito, Gemma Sesar, e co debuxante Joaquín González Dorao, autores da "Guía Ilustrada da Praza de Abastos de Santiago". Visitamos a capital europea do viño 2017, Cambados, para maridar viño, cine, música e gastronomía co proxecto "Videa Cambados". E, ademais de comer, aprenderemos a cociñar en EL TALLER de Ourense .

Onda Cero Galicia

26/05/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (26-05-2017)

Último venres do mes que celebramos coa visita de Polo Correo do Vento para irnos de "cuchipanda" por Galicia con Carlos Taboada e Quique Mauricio. No tempo da entrevista viaxamos por Europa coa cantante e actriz galega, Cora Sayers, e as súas "road managers". Repasamos a actualidade da semana e propoñemos unha viaxe express a Rodeiro para tapear e desfrutar da natureza

Onda Cero Pontevedra

18/05/2017 06:00

Onda Cero Pontevedra

18/05/2017 06:00

O "ROTEIRO CASTELAO" NA RADIO

Celebra con nós "Maio, mes da lingua" escoitando aquí integramente a conversa con Roberto Rivas mentres percorremos o "Roteiro Castelao" por Pontevedra.

Onda Cero Galicia

28/04/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (28-04-2017)

Comezamos o programa coa actualidade da semana e as previsións do sector para a ponte de maio. No tempo da entrevista viaxamos polas cidades dos nenos co investigador e pedagogo italiano, Francesco Tonucci, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera. Ademais, visitamos a exposición "Imaxinar a educación. 50 anos de FRATO" no Pazo da Cultura de Pontevedra. Temos "cuchipanda", como cada último venres do mes, cos amigos de Polo Correo do Vento (Quique Mauricio e Carlos Taboada).