emisora

Onda Cero Pontevedra

27/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (27-07-2017)

A actualidade do día ten a Elnosa como protagonista e comezamos conversando co presidente do comite de empresa. Escoitamos o que A RÚA RESPONDE co patrocinio da DEVESA e buscamos a predicción metereolóxica de praia en praia con Jorge Villamil. Como cada xoves, saimos pasear pola cidade: Luís Bará, concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica é o convidado desta semana. Despedimos o espazo PEDALADAS ata despois do verán con Quique Pérez repasando a normativa que aprendimos e visitando cidades en bici

Onda Cero Pontevedra

24/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (24-07-2017)

A actualidade do día, as opinións da rúa e os eventos do Casino La Toja centran a atención da primeira parte do programa. A música do ciclo Son & Sal (www.pacolola.com) e as novidades da editorial pontevedresa Kalandraka son as protagonistas do segundo tramo antes de abrir o habitual espazo de motor dos luns e unha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

14/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (14-07-2017)

Despedimos a semana resumindo a actualidade do venres e dos últimos días, escoitando o que A RÚA RESPONDE e á irreverente DINA MITA. Como cada venres ENREDÁMONOS con Javier Arnau e marcamos una completa AXENDA para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Pontevedra

13/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (13-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e escoitando as opinións da rúa. Como cada xoves, paseamos pola cidade entrevistando aos membros do goberno local de Pontevedra: hoxe citámonos no barrio de Campolongo co concelleiro de Xuventude, Normalización Lingüística, Parques e Xardíns, Alberto Oubiña. Os amigos de PEDALADAS póñennos sobre dúas rodas para falar de seguridade viaria. A mirada becaria de Jorge Villamil fálanos das novidades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Pontevedra en la Onda

12/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (12-07-2017)

Coñecemos a actualidade do día, escoitamos as opinións da rúa e a previsión metereolóxica percorrendo as praias das Rías Baixas. Visitamos o novo centro multiservizos Saraiva Senior para falar da atención aos maiores e coñecer in situ o modelo de atención centrada na persoa. Na "mirada becaria" desta semana adentrámonos con Laura Pertierra na exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista" que hoxe se inaugura en Silleda

Onda Cero Pontevedra

11/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (11-07-2017)

Neste festivo local na cidade de Pontevedra comezamos escoitando á rúa sobre a festividade e o San Benito, o santo máis milagreiro. Estreamos nova edición das Terrazas de Verán desde a Cafetería MOI BO co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Percorremos as prais buscando a predicción metereolóxica e ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións CRONOPIOS da man de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

10/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (10-07-2017)

Comezamos a semana repasando a actualidade e escoitando o que A RÚA RESPONDE co patrocinio de A DEVESA, sección que cada verán dá voz aos pontevedreses e visitantes. Seguimos coa campaña "Propón unha muller" coa visita de Carlos Taboada desde "Polo correo do vento". Como cada luns abrimos espazo para o motor con Abel Millán e para a música cunha nova edición de "Cántamo... en galego!". A previsión metereolóxica buscámola de praia en praia

Onda Cero Pontevedra

07/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (07-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e escoitando o que A RÚA RESPONDE da man da DEVESA. Como cada venres, Javier Arnau visítanos nunha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa axenda de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. O de hoxe é un programa especial en conexión coa caravana Pontecar-Onda Cero a bordo de tres coches Mazda

Onda Cero Pontevedra

06/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (06-07-2017)

O crime de Moraña e a lectura do veredicto do xurado popular centran a actualidade informativa do programa. De obras, mobilidade e do rural falamos hoxe durante o paseo dos xoves co concelleiro pontevedrés Demetrio Gómez. Sobre dúas rodas chegan os amigos de PEDALADAS para falarnos de seguridade viaria e en Sanxenxo facemos a última parada buscando un bo hotel no que descansar este verán