Temas

el tiempo.es

Con Jesús Alvarez

Informativo Local en Ourense en la onda Mércores 23-01-2019

Un lume que supostamente se orixinou nun teléfono móbil, calcinou por completo unha vivenda de Rairiz de Veiga. A CIG reclama o restablecemento ao dereito a xubilación parcial aos 61 anos. Ourense leva a Fitur a campaña "Dexconecta Ourensanamente".

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la Onda Martes 22-01-2019

Alternativas na Xustiza denuncia escape de gases no antigo pazo de xustiza e a falta dun protocolo de risgos. Democracia Ourensana considera "surrealista" a falta de atención en dependencias de urbanismo por ausencia temporal de persoal algo que nega o edil de urbanismo Jose Cudeiro que afirma que "se atende aos cidadáns sen problema". Entrevistamos a Benito Iglesias, Candidato de Adelante Ourense. O entroido de Xinzo declarado "festa de interese turístico internacional".

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la onda Luns 21-01-2019

Pasan a disposición xudicial os detidos por un alixo de 400 quilos de cocaína nun camión de froitas do polígono de San Cibrao. O vicepresidente da Xunta Rueda inaugura no antigo Pazo de Xustiza as novas dependencias da policia autonómica. Rueda pedíu apoio ao estado para incrementar as plantillas. O vicepresidente tamén asinou un convenio co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez para axilizar o proceso selección de persoal de policía local.

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la onda Venres 18-01-2019

Arde unha furgoneta en pleno centro de Ourense sen que se rexistrasen vítimas. Sanidade activa o plan de continxencia para afrontar a onda da gripe. O alcalde de Ourense, Xesús Vázquez síntese "insultado" polo delegado do goberno en relación ca Circunvalación Norte. Os socialistas celebran en Ourense unhas xornadas de atención á "emigración e inmigración".

Con Jesús Alvarez

Informativo Local en Ourense en la Onda Xoves 17-01-2019

O delegado do goberno en Galicia, Javier Losada pídelle ao PP que non conte mentiras sobre a Variante Norte porque tiveron 7 anos para facela e defende que Ourense é unha prioridade para o goberno de Pedro Sánchez. O delegado do goberno confirma que segue aberta unha operación por presunto fraude a facenda iniciada en Vigo e na que houbo rexistros en Ourense. A ex edil de urbanismo Aurea Soto asegura que a denuncia por prevaricación que lle acaban de arquivar "a diferencia do caso das cesións urbanísticas, nunca debeu chegar á via penal". Médicos Ourensáns presentan 307 sinaturas para reclamarán melloras na sanidade

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la Onda Mércores 16-01-2019

A CIG volveu ás concentracións para pedirlle ao goberno de Pedro Sánchez que deroge as últimas reformas das pensións e as suba dacordo co IPC. Emigrantes rertornados piden diante de facenda un trato xusto. O alcalde Xesús Vázquez reclama unidade "social e política" para conquerir que Fomento licite este ano a variante norte.

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la Onda Venres 11-01-2019

O voceiro do Psoe no concello de Ourense, Vázquez Barquero pídelle ao PP "que non se plante nas eleccións cun Pxom sen consenso". O alcalde de Ourense Xesús Vázquez acadou o "compromiso" de Fomento de licitar a variante norte neste ano. Feijoo entrega en Montederramo os "premios da cultura galega 2018".

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la onda Mércores 09-01-2019

A Audiencia de Ourense decidiu prorrogar outros dous anos a cadea provisional para o carballiñés acusado de matar supostamente á sua muller en 2017. Nace en Ourense a plataforma "Nen un paso atrás" coma resposta aos ataques ao feminismo do partido de ultradereita Vox. O xulgado do Carballiño pide abrir xuizo oral aos ex alcaldes socialistas Pachi Vázquez e Carlos Montes por presunta prevaricación.

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la onda Venres 04-01-2019

Un lume forestal que xa foi extinguido calcinou 161 hectáreas de monte no concello da Mezquita. Democracia Ourensana pide auxilio á Subdelegación do goberno para reforzar a seguridade na capital ante a merma de efectivos da policía local. Os magos de Oriente regresan mañá a Ourense en tren cunha cabalgata interactiva con máis de 300 participantes.

Con Jesús Alvarez

Informativo local en Ourense en la onda Xoves 03-01-2019

O paro descendeu en decembro en 366 persoas en Ourense. A CiG critica que a meirande parte son contratos "precarios". O consello regulador do Ribeiro comeza un estudo para planificar un plan estratéxico que garanta o futuro da denominación. Democracia Ourensana critica o peche dos aseos e vestuarios das termas públicas en datas clave para o turismo en nadal.