comarcas

Onda Cero Pontevedra

13/11/2015 14:29

Pontevedra en la Onda (13-11-2015)

Os venres son sinónimo de actualidade, reflexión, axenda cultural e redes sociais no programa. Escoita aquí o último Pontevedra na Onda da semana!

Onda Cero Pontevedra

11/11/2015 14:31

Pontevedra en la Onda (11-11-2015)

A actualidade local e comarcal centra a nosa atención no inicio do programa coas listas electorais do PP, a visita do embaixador de Venezuela e a nova documentación requirida por axentes de Aduana ao Concello no marco da Operación Pokemon. No tempo da entrevista conversamos coa banda pontevedres Furious Monkey House a dous días de publicar o seu primeiro disco. Como cada mércores conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades da semana. E damos voz á asociación ANEDIA para adiantarnos á celebración este sábado 14 do Día Mundial da Diabete

Onda Cero Pontevedra

27/10/2015 14:23

Pontevedra en la Onda 27-10-2015

Repasamos a actualidade da xornada coas novidades en torno ao último caso de violencia machista en Pontevedra e o balance de 100 días de novo goberno na Deputación provincial. Como cada martes escoitamos á irreverente Dina Mita e no temos novo almorzo informativo: hoxe convidamos á deputado do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. E unha semana máis ampliamos as nosas biblilotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

07/10/2015 14:22

Pontevedra en la Onda 07-10-2015

Conversamos no inicio do programa co alcalde de Bueu, Félix Juncal, sobre as novidades no caso do Edificio Pintos e o desaloxo fixado para o 2 de novembro. No tempo da entrevista falamos de cine co produtor da película "A praia dos afogados" rodada na nosa provincia e que este venres se estrea nas carteleiras. Conectámonos co campus universitario para coñecer as novidades da semana e temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

06/10/2015 14:35

Pontevedra en la Onda 06-10-2015

Comezamos o programa condenando o último caso de violencia machista na provincia e recollendo as palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tras gardar un minuto de silenzo. Celebramos a concesión dun novo premio internacional ao modelo de cidade pontevedrés: o 26 de novembro o alcalde viaxará a Hong Kong a recollelo. No tempo do almorzo informativo conversamos co deputado socialista no Congreso, Guillermo Meijón. Ademais, como cada martes, damos voz á irreverente Dina Mita e recibimos a visita da Librería Cronopios con novas recomendacións literarias

Onda ero Pontevedra

13/08/2015 09:36

Pontevedra en la Onda 12-08-2015

A manifestación da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en Lalín centra hoxe a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a afección ao fútbol e a outros deportes que temos na nosa cidade. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Core Tourís. Tamén nos visita a directora de marketing de Martín Códax, María Garrido, para disfrutar dunha nova sesión musical desde a terraza da bodega. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica. E marcamos a nosa particular axenda festiva dos mércores de verán para recompilar todos os eventos dos vindeiros días ao longo da provincia.

Onda Cero Pontevedra

12/08/2015 15:07

Pontevedra en la Onda 12-08-2015

A manifestación da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en Lalín centra hoxe a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a afección ao fútbol e a outros deportes que temos na nosa cidade. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Core Tourís. Tamén nos visita a directora de marketing de Martín Códax, María Garrido, para disfrutar dunha nova sesión musical desde a terraza da bodega. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica. E marcamos a nosa particular axenda festiva dos mércores de verán para recompilar todos os eventos dos vindeiros días ao longo da provincia.

Onda Cero Pontevedra

10/08/2015 15:12

Onda Cero Pontevedra

10/08/2015 15:12

Pontevedra en la Onda 10-08-2015

Comezamos o luns co balance da primeira fin de semana de peñas 2015 e repasando a actualidade local e comarcal. No tempo da entrevista conversamos con Laura Expósito desde a Ruta do Viño Rías Baixas. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e poñemos ritmo ao luns coa sección musical "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

04/08/2015 14:32

Pontevedra en la Onda 04-08-2015

A nova presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é a nosa convidada no tempo das terrazas de verán e con ela conversamos sobre as prioridades do seu novo goberno. A Rúa Responde sobre as infraestruturas que precisa Pontevedra e, como cada martes, tamén se fai escoitar a irreverente Dina Mita na súa audieta semanal. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e seguimos ampliando as nosas bibliotecas de verán con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

10/07/2015 14:56

Pontevedra en la Onda (10/07/15)

As praias e os montes son protagonistas da actualidade e deles falamos ao longo do programa: a falta de socorristas nas praias, e os últimos incendios nos montes. Recibimos a visita de Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS falando de seguridade en internet. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para disfrutar da fin de semana. Feliz venres!!