Temas

axenda

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 03-06-2016

Repasando a actualidade da semana comezamos unha nova viaxe que nos vai levar ata Nova York da man de Cristina Pato, a galega viaxeira convidada no tempo da entrevista. E coa nosa guía 4x4 emprendemos rumbo con destino Galicia visitando as microrreservas de orquídeas no Courel, comendo en Corrubedo no multiespazo Benboa e durmindo nun concello Reserva da Biosfera: Allariz, en pleno centro histórico e contemplando o río Arnoia desde as habitacións do Hotel Torre Lombarda. Como cada venres completamos a viaxe cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 27-05-2016

Este venres a cidade de Pontevedra é o noso destino para coñecer a transformación urbana vivida na última década. A exposición "Teu Pontevedra" na Praza de Ourense vai ser a nosa guía para percorrer a Pontevedra actual que recibe premios por todo o mundo e convites para presentar o seu modelo urbano. Falamos co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o responsable de Mobilidade, Luis Bará. Ademais saimos á rúa para escoitar as opinións de veciños e visitantes e coñecemos a opinión do pedagogo italiano, Francesco Tonucci, promotor da "Cidade dos Nenos". E como cada venres completamos o plan de viaxe repasando a actualidade da semana e marcando unha axenda de ocio para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (15-04-2016)

Os venres son sinónimo de ENREDADOS, AXENDA CULTURAL e balance do que nos deixa a actualidade da semana. Todo iso facemos hoxe nunha nova edición de Pontevedra na Onda, ademais de escoitar á irreverente Dina Mita na súa audieta semanal e de recibir a visita de Rodrigo Valienta para poñer a BSO á fin de semana coa música da súa banda The Trunks

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 15-01-2016

Na viaxe deste venres ata cambiamos de continente: o vigués Oscar Bruzón lévanos ata a India, onde leva 4 anos vivindo e traballando como director técnico e asistente de adestradores de fútbol. Coa nosa guía 4x4 volvemos a Galicia para visitar o Faro Vilán en Camariñas, inaugurar o Mes do Cocido en Lalín, e durmir nun dos lugares de paso de La Vuelta Ciclista 2016 pola provincia de Ourense, Ribadavia. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade do sector no noso noticiario turístico e completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 07-08-2015

Cúmprese unha semana do crime de Morana e comezamos o programa coas novidades xudiciais e as manifestacións en lembranza de Candela e Amaia convocadas para esta tarde. Repasamos a actualidade da última semana que hoxe despedimos e saimos á rúa preguntar a súa opinión sobre a crise do sector lácteo. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau para falar sobre as tendencias deste verán nas redes sociais. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para disfrutar a fin de semana que temos por diante.