Temas

axenda

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (07-12-2017)

A "guerra da auga" sigue a centrar a actualidade e ocupa a nosa atención na primeira parte do programa. Ademais, falamos de compostaxe para coñecer o PLAN REVITALIZA da Deputación de Pontevedra e, neste xoves entre festivos, marcamos unha completa axenda, cultural, de ocio e gastronómica para desfrutar da ponte. No tempo da entrevista compartimos con vos a última entrega da radio lectora deste 2017: Arantza Portabales foi a nosa convidada en Cronopios

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (14-07-2017)

Despedimos a semana resumindo a actualidade do venres e dos últimos días, escoitando o que A RÚA RESPONDE e á irreverente DINA MITA. Como cada venres ENREDÁMONOS con Javier Arnau e marcamos una completa AXENDA para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (11-07-2017)

Neste festivo local na cidade de Pontevedra comezamos escoitando á rúa sobre a festividade e o San Benito, o santo máis milagreiro. Estreamos nova edición das Terrazas de Verán desde a Cafetería MOI BO co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Percorremos as prais buscando a predicción metereolóxica e ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións CRONOPIOS da man de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (07-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e escoitando o que A RÚA RESPONDE da man da DEVESA. Como cada venres, Javier Arnau visítanos nunha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa axenda de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. O de hoxe é un programa especial en conexión coa caravana Pontecar-Onda Cero a bordo de tres coches Mazda

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (04-11-2016)

Repasamos os temas que nos deixa a semana e adiantamos as novas dos vindeiros días, ademais de escoitar a audieta de Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade. Como cada venres con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (28-10-2016)

Repasamos os temas que nos deixa a semana e escoitamos a audieta de Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade. Como cada venres con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción metereolóxica e marcamos unha AXENDA cultural para a fin de semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (14-10-2016)

Percorremos Galicia buscando a actualidade do sector e coñecendo novos lugares para visitar, comer e durmir: sete aldeas con menos de 10 habitantes son o noso destino da man de Cristina Ferreiro, unha das promotoras do proxecto "O derradeiro bafo", comemos no Restaurante España (Lugo) co chef Héctor López, un dos cociñeiros que este mes representa a Galicia nun congreso internacional sobre cogumelos en Soria, e durmimos na punta máis septentrional da Península, no Hotel Semáforo de Bares. De viaxe polo mundo andamos co docente e investigador, Iván Puentes, que nos leva ata Ecuador

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia

A accesibilidade dos museos en Galicia e a desestacionalización do turismo apostando pola oferta rural son dúas das cuestións que guían a nosa viaxe este venres. Na cociña fusionamos produto galego e xaponés conversando coa chef de A Estación (Cambre), Beatriz Sotelo. E no tempo da entrevista convidamos a ROSA CEDRÓN para viaxar polo mundo co seu novo disco "Nada que perder" como banda sonora