Temas

a rúa responde 2017

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (13-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e escoitando as opinións da rúa. Como cada xoves, paseamos pola cidade entrevistando aos membros do goberno local de Pontevedra: hoxe citámonos no barrio de Campolongo co concelleiro de Xuventude, Normalización Lingüística, Parques e Xardíns, Alberto Oubiña. Os amigos de PEDALADAS póñennos sobre dúas rodas para falar de seguridade viaria. A mirada becaria de Jorge Villamil fálanos das novidades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Pontevedra en la Onda

Pontevedra en la Onda (12-07-2017)

Coñecemos a actualidade do día, escoitamos as opinións da rúa e a previsión metereolóxica percorrendo as praias das Rías Baixas. Visitamos o novo centro multiservizos Saraiva Senior para falar da atención aos maiores e coñecer in situ o modelo de atención centrada na persoa. Na "mirada becaria" desta semana adentrámonos con Laura Pertierra na exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista" que hoxe se inaugura en Silleda

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (07-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e escoitando o que A RÚA RESPONDE da man da DEVESA. Como cada venres, Javier Arnau visítanos nunha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa axenda de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. O de hoxe é un programa especial en conexión coa caravana Pontecar-Onda Cero a bordo de tres coches Mazda

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (04-07-2017)

A actualidade do día céntrase na Audiencia Provincial de Pontevedra onde comeza o xuízo polo parricidio de Moraña. No tempo da entrevista conversamos co portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira. Percorremos as praias das Rías Baixas buscando a predicción metereolóxica, escoitamos á irreverente DINA MITA e ampliamos as nosas lecturas de verán con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (03-07-2017)

Comezamos a semana repasando a actualidade e escoitando o que A RÚA RESPONDE co patrocinio de A DEVESA, sección que cada verán dá voz aos pontevedreses e visitantes. Seguimos coa campaña "Propón unha muller" coa visita do profesor Luis Losada. Como cada luns abrimos espazo para o motor con Abel Millán e para a música cunha nova edición de "Cántamo... en galego!". Para rematar o programa recibimos hoxe a unha curiosa ornitóloga que nos fala dunhas plumas misteriosas que nos estamos atopando pola cidade....