Noticias, Vigo 13.40

Pubs e discotecas poderán abrir ata as catro da madrugada se solicitan o certificado de vacinación aos seus clientes

Os pubs e discotecas que esixan aos seus clientes o certificado de vacinación poderán abrir ata as catro da mañá cun aforo do 75%, e os que non manterán as actuais restriccións: 50% de ocupación e ata as tres. É o principio de acordo acadado entre Xunta e representantes do ocio nocturno.

Víctor Blanco

Vigo | 24.09.2021 14:09

Haberá dous niveis ao igual que no resto da hostelería. O que marca a diferencia entre un e outro é o certificado de vacinación. A xunta volverá solicitar autorización ao Tribunal Superior de Xustiza para implantar este sistema ao que se poderán acoller os pubs e discotecas que queran abrir ata as catro da mañá e cun aforo do 75%. De momento, non logran o seu obxetivo de volver aos horarios e ocupacións de antes da pandemia, pero o sector está moderadamente satisfeito,

De obter o visto bó da xustiza, a medida podería poñerse en marcha a partir da vindeira fin de semana.