Vive a túa propia historia con Gadasa

Xornada micolóxica en Nogueira de Ramuín

Este sábado 30 de novembro, Nogueira de Ramuín acolle unha xornada adicada á micoloxía, que inclúe saída ao monte, charla técnica e xantar.

ondacero.es

Ourense | 30.12.2019 11:48 (Publicado 29.11.2019 11:43)

Xornada Micolóxica Nogueira de Ramuín
Xornada Micolóxica Nogueira de Ramuín | Onda Cero Ourense

O Concello de Nogueira de Ramuín organiza este sábado 30 de novembro unha xornada micolóxica. O programa de actividades dará comezo ás 9:15 horas cunha saída ao monte, dende a praza de Luíntra, a buscar exemplares. De seguido haberá unha charla técnica e unha comida-degustación.

O prezo para participar nesta actividade é de 7 euros.

O obxectivo da mesma é que os participantes aprendan a identificar e diferenciar correctamente as setas da man de expertos, para que logo o apliquen nas súas saídas ao monte e eviten riscos. Así mesmo, infórmaselles de como deben realizarse a recolección e o equipamento preciso para poñela en práctica.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa