Sucesos

Volve a circular o fraude do "fillo en apuros".

É importante verificar a identidade

Paco Sarria

Ourense |

Un agente de la Policía Nacional.
Un agente de la Policía Nacional. | Policía Nacional

A Policía Nacional alerta dunha nova campaña e fraudes informáticos coa modalidade “fillo en apuros”.

Dende a Xefatura Superior de Policía de Galicia queren incidir novamente na prevención e no coñecemento por parte da cidadanía do modus operandi dos estafadores.

Primeiramente recibimos unha mensaxe vía SMS ou WhatssApp dende un número de teléfono descoñecido.

O estafados faise pasar por un dos nosos fillos e inmediatamente aluden a unha situación de emerxencia urxente para finalmente solicitar unha transferencia a unha conta específica.

A mellor ferramenta para evitar este tipo de fraudes é a verificación da identidade mantendo a calma e non actuar baixo presión.

Tamén é importante non continuar coa conversa do número descoñecido para evitar facilitar datos.