Unha ourensá participará no Campionato de Europa de policías e bombeiros

Almudena Suárez lucirá unha equipación co logotipo de “Ourense, Capital Termal”.

ondacero.es

Ourense | 09.07.2014 13:13

bombeira ourense
bombeira ourense | Onda Cero

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, recibiron esta mañá no Concello a Almudena Suárez Pazos, bombeira ourensá que participará no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, que se desenvolverá do día 12 ao 21 de xullo en Bruxelas.

A bombeira, que contará co apoio do Concello para participar nesta proba, lucirá unha equipación co logotipo de “Ourense, Capital Termal”, coa finalidade de que a súa participación neste evento sirva para a promoción do potencial de Ourense como destino turístico e termal.