O quinto batallón de intervención en emerxencias da UME realizará dende hoxe ata o 30 de maio un exercicio de instrucción e adetramento na loita contra os lumes forestais na provincia de Ourense.
O personal militar será adestrado no manexo de ferramentas manuais e mecánicas para o desbroce, e o movemento en pistas forestais con autobombas, ademáis de en traballos no interfaz urbán forestal.
As prácticas serán realizadas en algúns dos concellos máis castigados cada verán polos incendios, caso de A Rúa, O Barco de Valdeorras, Manzaneda e Pobra de Trives.
O operativo está composto por 360 militares e máis dun cento de vehículos entre os que haberá helicópteros, autobombas, ambulancias, estacións de transmisión e vehículos especializados.