Siniestralidade vial

Transporte escolar sen cativos impacta contra unha capela en Boborás

O sinistro debeuse á irrupción dun animal na calzada

Paco Sarria

Ourense |

Transporte escolar sen cativos impacta contra unha capela en Boborás
Transporte escolar sen cativos impacta contra unha capela en Boborás | onda cero ourense

O concello de Boborás informou dun sinistro vial ocorrido esta mañá en Pazos do Arenteiro (zona de Vila) no que se víu implicado un transporte escolar que impactou contra a capela de San Roque.

No momento do suceso no vehículo soamente viaxaba a conductora, non indo ningún escolar a bordo.

A conductora non resultou ferida anque si emocionalmente afectada, polo que tivo que ser trasladada ó Complexo Hospitalario polo cadro que ansiedade que presentaba.

O percance debeuse ó cruce dun animal na calzada, o que motivou o impacto

O sinistro afecta ó transporte escolar.