O PSOE ourensán valora como “compromiso férreo” do Goberno do Estado coas infraestructuras da provincia a licitación de 14,5 millóns de euros na rehabilitación do firme da Autovía A-52.
Salientan que esta actuación permitirá mellorar a seguridade viaria, a capacidade do firme e conservar axeitadamente o patrimonio viario dunha comunicación que é clave para a provincia.
O senador Rafael Villarino e a deputada Marga Martín lembran que se trata dunha infraestructura empregada a diario por milleiros de persoas así como que dende a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa no 2018 o Ministerio de Transportes investíu máis de 110 millóns de euros en conservación e mantemento de estradas na provincia.

