Municipalismo

Os socialistas ourensáns piden viabilidade para os concellos

Levan unha moción á Deputación

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas ourensáns piden viabilidade para os concellos
Os socialistas ourensáns piden viabilidade para os concellos | onda cero ourense

O grupo provincial socialista reclama unha posición común na Deputación en defensa da viabilidade dos concellos ante a lei de administración local de Galicia.

Para o voceiro provincial dos socialistas, Álvaro Vila, o municipalismo ourensán arrastra un déficit estructural de anos xa que o Fondo de Cooperación Local está conxelado dende o 2010 e 36 dos 92 concellos da provincia presentan riscos reais para a súa viabilidade económica.

Con esta moción ó pleno da corporación provincial pretenden instar ó Parlamento de Galicia á supresión das fusións municipais obrigatorias sen referendo previo e a reformulación dos criterios de reto demográfrico que deixan fora a algúns concellos ourensáns.