O grupo provincial socialista alerta de que a provincia de Ourense segue “indefensa” diante dos lumes e esixen medidas urxentes cara ao verán.
Neste senso levan ó pleno da Deputación unha moción sobre a prevención de incendios tras comprobar na Mesa creada na institución en agosto do ano pasado, que ainda non se traduciron en conclusión nin en medidas concretas as propostas achegadas.
Neste senso reclaman un programa proactivo de apoio técnico aos concellos para a xestión da biomasa nos núcleos rurais, recoñecedo que moitos municipios carecen de recursos propios para afrontala por si sós.
Os primeiros lumes do ano en Ourense deixaron xa perto de 23 hectáreas queimadas.

