A parlamentaria socialista ourensá Carmen Rodríguez Dacosta alerta da falla de labores de prevención nos montes de cara ó verán e as altas temperaturas, calificando á Xunta de Galicia de "irresponsable e temeraria" na materia. Os socialistas sinalan que a única prevención realizada de cara á campaña de verán polo goberno de Galicia é "facer a danza da chuvia e encomendarse a Manitú".
A voceira de política forestal do PSdG-PSOE urxíu en Comisión ó goberno galego ó través dunha pregunta oral paraque comece axiña esos labores de prevención xa que os montes están cargados de biomasa e esta será combustible para os lumes que cada verán asolan Galicia.
A parlamentaria advertíu tamén que o goberno galego incumpre a obriga de presentar en prazo o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais -Pladiga- que debe presentar antes ó Consello Forestal que, casualmente, foi convocado un día antes desta iniciativa oral.
Alertou asemade de que os distritos forestais deberán contar con 23 axentes ambientais e forestais cando actualmente só contan con 14, reducindo a sua eficacia e supoñendo un maior risco para os ecosistemas forestais.