O grupo municipal socialista alerta sobre que o Concello de Ourense pretende reducir os procesos para a concesión de licenzas urbanísticas privatizando o servizo e anulando a función da Administración en beneficio de empresas privadas (ECCOM/Entidades de Certificación de Conformidade Municipal).
Recoñecendo que as licencias non están a axilizarse coa debida premura, os socialistas opinan que se poría en risco a seguridade xurídica, polo que demandan dotar de máis recursos e personal á Concellería de Urbanismo, actualizando a ordenanza municipal ó respecto.
Engade a edil María Fernández Ojea que privatizar o servizo de licenzas municipais faría que “as persoas que podan pagar unha ECCOM terán vantaxes sobre outras que non podan facer fronte a ese gasto”.