Sucesos

Rouba unha carteira para obter tarxetas de lavado que revendeu

Está acusado dun delicto continuado de estafa

Paco Sarria

Ourense |

Rouba unha carteira para obter tarxetas de lavado que revendeu
Rouba unha carteira para obter tarxetas de lavado que revendeu | onda cero ourense

O equipo Roca da Garda Civil de Ourense detivo, no marco da operación “Barinizou” a un veciño da cidade, de 39 anos, como presunto autor dun delicto continuado de estafa e outro de roubo con forza no interior dun vehículo ocorridos o pasado 21 de setembro en A Valenzá (Barbadás).

O detido, tras forzar a ventaniña dun turismo, apoderouse dunha carteira que contiña documentación personal e varias tarxetas bancarias coas que realizou compras por valor de 830 euros, coa peculiaridade de que con unha das tarxetas realizou 30 extraccións de 20 euros cada unha nunha lavandeiría da cidade nas que obtivo tarxetas de lavado polo mesmo importe e que posteriormente foron revendidas.

Instúe as dilixencias o xulgado de instrucción número 3 de Ourense.