A Raíña Dona Letizia visitou á empresa de moda ourensá “Adolfo Domínguez” con motivo do seu quincuaxéximo aniversario.
Xa vai medio século de historia da firma que se fixo célebre no mundo enteiro polo slogan “La arruga es bella”. Con tendas en tódolos continentes, a decana da moda española foi a primeira en cotizar en bolsa e actualmente está a ser dirixida polas fillas do fundador, Adriana e Tiziana que son a presidenta executiva e a creativa da compañía.
Esta será a segunda presencia en Ourense da raíña dona Letizia despois de que o ano pasado acompañara ó Rey Felipe VI para coñecer de perto os danos ocasionados pola vaga de lumes.
A raíña viste con frecuencia os deseños de Domínguez, remontándose esa relación á chaqueta branca que escolleu para a sua primeira aparición pública xunto ó entón Príncipe de Asturias, nos xardíns do Palacio de La Zarzuela.

