Eleccions 2019

Ourense Mellor e En Marea sumarán esforzos cara as municipais

O obxectivo deste acordo de colaboración é estreitar lazos, crear espazos de traballo conxunto e compartir ideas e recursos para transformar Ourense

Óscar Gómez

Ourense | 09.04.2019 09:33

Ourense Mellor e En Marea unen forzas para as municipais
Ourense Mellor e En Marea unen forzas para as municipais | En Marea

No acto, interviron a candidata nº2 da plataforma Iolanda Pérez, o cabeza de lista e candidato á alcaldía Etelvino Blanco e por parte de En Marea a vicevoceira e responsable de municipalismo Ana Seijas e o voceiro nacional Luis Villares. Todas as intervencións celebraron a alegría que supón aunar esforzos e sumar novas pingas de auga aos proxectos locais, para contribuir a mudar desde o municipal o nacional e o global. Desde Ourense Mellor, Etelvino Blanco fixo fincapé en sumar novos esforzos colectivos e individuais para construir unha alternativa sólida que poida entrar con forza no concello e gobernar a cidade para transformala despois desde 4 anos de desgoberno. Tamén destacou a importancia de colaborar con outras mareas municipais da provincia para rematar coa dinastía Baltar. Tanto Etelvino Blanco como o voceiro de En Marea, Luis Villares, quixeron celebrar esta colaboración e destacar a autonomía e independencia local para a toma de decisións, a diferenza de outras forzas políticas que teñen o seu centro de decisión en Santiago ou Madrid, e non en Ourense, como a plataforma Ourense Mellor.