A edil socialista no Concello de Ourense, Alba Iglesias, denunciou un novo derrube por rebentón ocorrido na área de Cardio do edificio xeral do hospital ourensán e que motivou o peche de varias prantas segundo explicou na rede social X.
Parellamente, a deputada nacionalista ourensán, Noa Presas, pedíu explicación por esta nova avaría no edificio Cristal do Chuo insistindo en que é necesaria unha auditoría das instalación.
Presas declarou que non é “normal que cada dous por tres haxa avarías deste tipo, despois do gran rebentón de abril pasado e dos derrubamentos habidos no hospital Materno-Infantil”.
Denuncia asemade que a Xunta segue agochando informes ó respecto.
A éstas críticas sumouse Podemos que esixe explicación públicas, información veraz sobre o estado real do Complexo Hospitalario, medidas urxentes e visibles para garantir a seguridade das persoas e a asunción de responsabilidades políticas.
