O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense propón recargos sobre o IBI para as vivendas que permañezan baleiras e sen sair ó mercado durante máis de dous anos.
De feito pretenden aplicar o recollido no Real Decreto Lexislativo de 5 de marzo do 2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facendas locais que habilita ós concellos a aplicar recargas sobre a cota líquida do Imposto de Bens Inmobles ós pisos que permañezan desocupados de xeito permanente, como sinala o voceiro municipal nacionalista Luis Seara.

