A Xunta electoral requiere outra vez ao "Reincidente" Baltar
O PSdeG-PSOE afirma que “Baltar ignorou con absoluto descaro a autoridade electoral e segue a incumprir a lei converténdose nun reincidente"
A Xunta Electoral vén de requirir outra vez a Manuel Baltar que deixe de usar a Deputación de Ourense partidistamente como se fora unha oficina do PP. A autoridade electoral xudicial determinou hoxe, por segunda semana consecutiva tras outra denuncia do PSdeG-PSOE, que o goberno bipartito de PP e Democracia Ourensana volve incumprir a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e as súas instruccións. “En consecuencia, se acuerda requerir a la Diputación Provincial para que se atenga a lo acordado reduciendo la noticia al puro contenido institucional y, si ello no fuera posible, proceder a su retirada”, advirte logo de aseverar que “se reitera en el contenido de la resolución dictada con fecha 15 de junio de 2020”.
Na anterior resolución, a Xunta Electoral acordaba “exigir al citado organismo provincial que retire el titular cuestionado y adapte el contenido de la información al previsto en el artículo 50 de la LOREG, debiendo abstenerse, en el sucesivo de contravenir el dispuesto en la instrucción referida”. “Baltar ignorou con absoluto descaro a autoridade electoral e segue a incumprir a lei converténdose nun reincidente”, denuncian os socialistas que advirten da “interposición das denuncias que sexan necesarias ante a autoridade electoral e, se fora preciso, ante os tribunais ordinarios, co fin de salvagardar a imaxe pública e o prestixo da institución provincial ante estas reiteradas ilegalidades”.
Durante os pasados días, ademais de incumprir o requirimento da Xunta Electoral, Baltar insistiu intencionadamente nestas ilegalidades e publicou na páxina web www.depourense.es novos textos no mesmo sentido que o denunciado e que carecen do caracter institucional que debe concorrir nestes espazos informativos. Así mesmo, as contas en Facebook e Twitter difundiron novamente publicacións con esas mensaxes.
“Volve quedar claro quen utiliza partidistamente as institucións públicas nesta provincia de forma intencionada e reiterada e, ademais, é castigado por elo semana tras semana”, recalcan os socialistas, que tamén instan ao goberno provincial bipartito a que “se retracte publicamente por uns feitos que incumpren o código ético da Deputación que o presidente dixo que redactara do seu puño e letra”. “O PSdeG-PSOE de Ourense será hoxe e sempre un muro de contención contra estas prácticas caciquís que manchan unha institución que é de todos e todas”, recalcan antes de concluír afirmando que “o fin último é protexer á histórica Deputación das gadoupas da corrupción e o caciquismo que xa condenaron os tribunais en reiteradas ocasións e agora tamén a Xunta Electoral”.