A proba ofrece aos participantes dous posibles percorridos: un de 19 quilómetros de dificultade media/alta; e outro de 11 quilómetros de dificultade media, para adaptarse a todos os públicos. A saída realizarase en ambos casos ás 9.00 horas desde a Estación de Ferrocarril e, ao remate da andaina, realizaranse sorteos entre os asistentes.
O Concello de Baños de Molgas, como entidade organizadora da proba, estima unha participación dun cento de persoas. O diñeiro recadado con esta proba irán destinados integramente á investigación da distrofia muscular de Duchenne e Becker. Os interesados en participar poderán anotarse por un custe de 10 euros (que inclúe os gastos da proba e o donativo) a través da app Saudeter ou chamando ao Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00).