O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulle a razón á Deputación Provincial de Ourense fronte á demanda interposta pola Confederación Intersindical Galega contra a aprobación do orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento do ano 2017. A parte demandante recorreu o acordo do pleno da Deputación de Ourense, do 24 de febreiro de 2017, no que se aprobou dito orzamento. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 6 de xullo de 2020 valida o acordo adoptado polo pleno da Deputación de Ourense concluíndo que a negociación dos orzamentos do Consorcio se adoptara á normativa aplicable.
Polo tanto, o TSX de Galicia estima o recurso de apelación interposto pola Deputación de Ourense contra a sentenza 24/2018 do 20 de febreiro, ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Ourense no procedemento ordinario 99/2017, pola que se estimara o recurso interposto pola CIG contra o acordo de aprobación dos presupostos para 2017 do Consorcio Provincial do Servizo contra Incendios e Salvamento, por falta de sometemento do mesmo á Mesa Xeral de Negociación co arranxo ás previsións do Estatuto do Empregado Público, revocando a mesma, e desestimando o recurso interposto, por entender que o sometemento á dita Mesa Xeral de negociación non era preceptivo, tal e como sostiña a Deputación Provincial, tanto na vía administrativa como na vía contencioso-administrativa.