concello de ourense

Traballos de mellora do parque infantil do Sagrado Corazón

As obras inclúen unha reforma integral das instalación do parque con a incorporación de ata 4 novos xogos no conxunto do parque infantil

Óscar Gómez

Ourense | 09.11.2021 19:23

Traballos de mellora do parque infantil do Sagrado Corazón
Traballos de mellora do parque infantil do Sagrado Corazón | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de modernización do parque infantil do Sagrado Corazón, no barrio da Carballeira. A inversión global suma un importe de 41.060,62€ euros, que permitirá a renovación completa da zona de xogos infantís.

O concelleiro responsable, Jorge Pumar, lembra que esta inversión forma parte do plan de mellora e dinamización dos parques infantís da cidade co obxectivo de que sexan completamente transformados e renovados para a mellora da calidade de vida dos ourensáns e en especial dos más cativos da cidade. “É unha grande demanda dos veciños da cidade que ten como fin que as familias poidan desfrutar do tempo de lecer o aire libre en instalacións modernas e divertidas”.

Na visita a obra no día de hoxe, o concelleiro de Medio Ambiente estivo acompañado de representantes veciñais, que coñeceron de primeira man o proxecto en execución no barrio da Carballeira. O proxecto incorpora novos xogos, destacando un novo multixogo, e novos balancíns, que permiten un novidoso cambio no conxunto do parque.

O plan de parques infantís da cidade, no seu conxunto, conta con actuacións integrais en todos os barrios da cidade. As intervencións abarcan desde pequenos parques ata a transformación completa das grandes zonas de xogos dos parques singulares de Ourense, como é o caso do parque Barbaña, parque San Lázaro, ou o emblemático parque do Xardín do Posío. No seu conxunto, o proxecto mobiliza un investimento de máis de 8 millóns de euros, coa previsión de actuación en máis de 70 parques da cidade, o que permitirá a instalación de máis de 500 novos xogos infantís no conxunto da cidade