Tendo en conta os datos demóstrase que esta iniciativa, levada a cabo en colaboración co Concello de Ourense, logrou “todos os obxectivos: apoiar a cultura, fomentar a lectura entre a mocidade e dinamizar o comercio local”, dixo Menor, quen anunciou que en vista do éxito “esta campaña vai a seguir tendo continuidade, incluso un pouco máis mellorada”
Neste sentido, Luis Menor lembrou que para o goberno provincial “a cultura é unha prioridade e sabemos que estamos no camiño acertado porque a resposta da veciñanza ás nosas iniciativas culturais sempre é moi boa”.
Pola súa parte, o presidente da Asociación de Libreiros de Ourense, Javier Ibáñez agradeceu á Deputación de Ourense a posta en marcha desta campaña afirmando que “nos axudou moito, sobre todo, ás pequenas librarías” e manifestou o seu desexo de que continúe porque é importante para o sector cultural provincial.
Luis Menor aproveitou a visita á libraría Eixo para animar á xente a canxear ou descargar os seus bonos antes do remate da campaña que finalizará o vindeiro 20 de decembro. Así mesmo, agradeceu a “implicación e o traballo realizado por todas as librarías participantes que foron máis de medio cento en toda a provincia.
A posta en marcha deste primeiro Plan Provincial de Lectura aos menores de 18 anos empadroados nalgún concello da provincia, consolídase así como unha ferramenta eficaz para fomentar hábitos de lectura entre a mocidade e reforzar a economía cultural no territorio.
A través desta iniciativa concédense axudas consistentes nun libro por persoa cun custo máximo de 20 euros que poden adquirirse nos establecementos comerciais que se adheriron ao programa.

