Transporte

O servicio de mobilidade da Xunta a prol das necesidades da cidadania de Ourense

O delegado territorial salientou que a Xunta trata de ofrecer respostas e solucións ás demandas da cidadanía con medidas para adecuar a oferta de servizos ás novas necesidades; así o SM de Ourense atendeu a un total de 3.691.768 usuarios.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O servicio de mobilidade da Xutna a prol das necesidades da cidadania de Ourense
O servicio de mobilidade da Xutna a prol das necesidades da cidadania de Ourense | Xunta de Galicia

Manuel Pardo, salientou que durante o ano 2025, o Servizo de Mobilidade de Ourense dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, atendeu a un total de 3.691.768 usuarios; un incremento do 3,4% respecto ao ano 2024, no que houbo con 3.571.052 usuarios.

Subliñou o delegado territorial que nas 30 concesións que dependen do Servicio de Mopbilidade de Ourense, durante o ano 2025 estiveron en servizo 704 liñas que atenderon a un total de 3.713 paradas físicas, nas que se prestan servizos integrados e regulares repartidas nos 92 concellos da provincia de Ourense. Incrementáronse o total de liñas e paradas que dan servizo en Ourense no último ano, que eran 699 e 3.685 a finais de 2024.

Datos, que en palabras de Manuel Pardo, “atenden as solicitudes e propostas feitas desde distintos ámbitos da sociedade ourensá e son resultado dunha análise e estudo do aumento da demanda entre estas comarcas e a cidade de Ourense”; e que amosan, continuou o delegado territorial, “o forte investimento realizado pola Xunta a través do Plan de Transporte Público de Galicia, que segundo recollen os orzamentos de 2026, ascende a 160 millóns de euros, o que permite que “o 97% dos galegos teñen unha parada de autobús interurbano a menos de un quilómetro do seu domicilio”.

A Xunta trata de ofrecer respostas e solucións ás demandas da cidadanía con medidas para adecuar a oferta de servizos ás novas necesidades; así, no total das concesións, durante o ano 2025 prestáronse un total de 299.556 servizos ao ano. Con respecto do ano 2024 houbo un incremento de servizos, xa que neste período se prestaron 293.809 servizos; e con relación aos servizos baixa demanda, no 2025 houbo un total de 493 liñas que contaban con servizos á demanda, nas que existían 2.631 paradas con servizos á demanda, o que permitiu unha optimización e mellora dos servizos ofertados pola Xunta de Galicia.

Servicio de mobilidade
Servicio de mobilidade | Xunta de Galicia

Servizo integrado

O transporte integrado é outro dos piares da mobilidade en Galicia que conta con 445 liñas integradas dependentes do SM de Ourense nas que no último ano se realizaron 1.969.988 viaxes de escolares con reserva de praza.

Cada día na provincia de Ourense empregan o transporte integrado arredor de 7.100 alumnos. Para atender as peticións dos centros escolares para a incorporación de novas paradas integradas, durante o curso 2025-2026 lévanse analizado un total de 177 solicitudes, sendo rexeitadas unicamente 36 paradas. No pasado curso 2024-2025 houbo un total de 183 peticións, das que unicamente 34 foron rexeitadas.

Uso de tarxetas

Durante o ano 2025, realizáronse un total de 1.305.938 viaxes que tiveron algún tipo de bonificación, o que supuxo un total de 1.321.800 € bonificados. En concreto, segundo a tarxeta empregada, 459.740 viaxes foron realizadas por usuarios coa tarxeta TMG Xente Nova e 213.810 viaxes por usuarios con tarxeta TMG +65.

A maiores, a Xunta de Galicia conta con convenio tarifario co Concello de Barbadás, o que permitiu un aforro para os usuarios de 173.279€ ao se realizaren 381.215 viaxes no ano 2025.

Melloras no Servizo de Mobilidade de Ourense

Mellora de servizos O Barco de Valdeorras-A Pobra de Trives; mellora dos servizos Ourense-Bande; mellora dos servizos Ourense-O Barco de Valdeorras; mellora dos servizos A Gudiña-O Barco; mellora; mellora dos servizos Ribadavia-Ourense e mellora da cobertura aos usuarios das Piscinas de Monterrei, ao Hospital de Piñor, á Romaría da Saínza.

Despois do peche da antiga estación de autobuses do Carballiño, e co fin de manter un nivel de servizo óptimo para os usuarios da zona, a Xunta crea unha nova parada á altura do auditorio do Carballiño, mantendo así a prestación dos actuais servizos nesa zona do Carballiño, que conta unha gran demanda de usuarios.

A partires de hoxe as liñas Avión-Ribadavia E.A. e IES de Ribadavia-Prexigueiro contarán con parada en A Serra (Leiro), despois de ter recibido solicitude desta incorporación para mellorar a conexión con Ribadavia; e créase un novo servizo entre Ribadavia e Ourense ás 14:20 co fin de cubrir as demandas existentes. Este novo servizo permite ter 10 servizos diarios de luns a venres entre Ribadavia e Ourense e 11 servizos no sentido contrario.

Así mesmo, durante os últimos meses fóronse incorporando paradas na diferentes liñas co fin de dar un servizo adaptado ás necesidades dos usuarios. Algúns exemplos destas melloras son a incorporación da parada de Santa Cateliña (núcleo) en decembro de 2025, da parada A Madanela (cruce) ou a parada Pereiras (gasolineira) en liñas que dan servizo entre Taboadela e Ourense en outubro de 2025.

De maneira análoga, tamén se ampliaron liñas actuais co fin de dar maior cobertura a zonas do rural da provincia, como foi o caso da incorporación de paradas dende o polígono de San Cibrao ata Outeiro de Laxe, co fin de que os usuarios desta localidade conten con novos servizos entre Ourense e Taboadela ao mediodía.

Servicio de mobilidade
Servicio de mobilidade | Xunta de Galicia

Reorganización de paradas e desdobre de liñas

Co fin de dar unha mellor información aos usuarios, o Servizo de Mobilidade de Ourense ten feito reorganizacións de paradas en distintos núcleos, como foi o caso da Peroxa. Estas melloras permiten aos usuarios acceder ao sistema de transporte dunha maneira máis cómoda ao teren concentradas as paradas dun núcleo nun único punto con marquesiña. Ademais, permite acceder á información de bus.gal dunha maneira máis clara e rápida.

Co fin de prestar un servizos máis optimizado nas rutas do transporte integrado, especialmente en zonas rurais e de difícil acceso para vehículos de grandes dimensións, este servizo de mobilidade ten axustado rutas realizando enlaces, permitindo así reducir o tempo de viaxes dos usuarios escolares.

Foi o caso da nova liña que dá servizo no concello de Parada do Sil e fai enlace coa liña ata o CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas. O mesmo se fixo coa liña que permite dar servizo a paradas de Nogueira de Ramuín e facer enlace coa liña en Luíntra ata o CPI José García García.