V Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, que do 14 ao 17 de abril volverá a converter á cidade de Ourense en capital do canto ao reunir a 445 rapaces de toda a provincia e outros puntos de Galicia. Este encontro está patrocinado pola Deputación, Xunta de Galicia e Concello de Ourense e está dirixido por Josu Elberdin, recoñecido, segundo explican dende a organización, como un dos mellores compositores e directores de coros infantís a nivel mundial.
Rosendo Fernández felicitou aos organizadores por este proxecto, “completamente consolidado e que xa é unha referencia nacional e internacional, ao promover iniciativas de colaboración en outras comunidades autónomas e en Latinoamérica”.
Novidades desta quinta edición
Nas súas intervencións, Carlos Núñez e Cristina Rodríguez explicaron os detalles desta quinta edición de Ourencanto, que arrancará coas sesións de traballo dos rapaces participantes mañá e o sábado para terminar cun concerto no Auditorio municipal -aberto ao público- o domingo 16 de abril a partir das 19,00 horas.
Como unha das novidades deste ano, o luns 17, ás 10,00 e ás 12,00 horas, no Auditorio municipal haberá dúas sesións especiais para un millar de escolares de terceiro e cuarto de Primaria de diferentes centros educativos da cidade de Ourense.
Toda a información sobre este evento na súa web ourencanto.org