Gastronomía

A 47ª Festa do Pemento da Arnoia se celebrará do 31 de xullo o 2 de agosto

A Xunta destaca a calidade difertenciada como ferramenta para impulsar o pemento de arnoia eo desenvolvemento do rural galego.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A 47ª Festa do Pemento da Arnoia se celebrará do 31 de xullo o 2 de agosto
A 47ª Festa do Pemento da Arnoia se celebrará do 31 de xullo o 2 de agosto | onda cero ourense

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou na 47ª Festa do Pemento da Arnoia, unha cita declarada de Interese Turístico que se celebrará os vindeiros días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto. Nela, puxo en valor o papel da calidade diferenciada como ferramenta para impulsar o pemento da Arnoia e o desenvolvemento do rural galego.

Durante a súa intervención, salientou que este evento constitúe un dos principais escaparates para a promoción deste produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia. Neste sentido, lembrou que a IXP forma parte do conxunto de nove figuras de calidade diferenciada de produtos vexetais recoñecidas en Galicia e dunha realidade singular, xa que cinco delas corresponden aos pementos: Pemento da Arnoia, Pemento de Herbón, Pemento de Oímbra, Pemento do Couto e Pemento de Mougán.

Seguindo esta liña, o director lembrou que Galicia conta con 36 selos de calidade diferenciada, entre denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, ás que se suman a produción ecolóxica e a Artesanía Alimentaria, configurando un dos sistemas de calidade agroalimentaria máis amplos e diversos de España. Neste contexto, afirmou que estes distintivos non só certifican a orixe e a excelencia dos produtos, senón que tamén protexen o patrimonio agroalimentario galego, fortalecen a identidade dos territorios e ofrecen garantías e confianza aos consumidores.

Así mesmo, destacou que celebracións como a Festa do Pemento da Arnoia constitúen unha oportunidade para achegar estes produtos ao consumidor, divulgar os valores asociados á súa orixe e favorecer novas oportunidades de comercialización para os produtores. Neste marco, lembrou que a Consellería do Medio Rural impulsa o Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, dotado este ano con 10 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a promoción das producións agroalimentarias galegas de calidade diferenciada, incrementar o seu posicionamento nos mercados e seguir xerando valor para os produtores e para o conxunto do rural galego.