Ourense Cidade

Ourense pasa ao nivel máximo de restricións

O Concello de Ourense sitúase no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada de hoxe os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días.

Óscar Gómez

Ourense | 13.01.2021 13:11

Ourense pasa ao nivel máximo de restricións
Ourense pasa ao nivel máximo de restricións | onda cero

O Concello de Ourense sitúase no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada de hoxe os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de anunciar novas restricións para o Concello de Ourense, igual que para o resto de grandes cidades galegas.

O toque de queda nocturno producirase unha hora antes, as 22.00 horas. O comercio terá que pechar ás 21.30 horas e a hostalaría deberá cerrar ás 18.00 horas, podendo servir unicamente nas terrazas, podendo facer uso do 50% da súa capacidade.

Outra restrición que resulta novidosa, comparando coas anteriores, é a supresión de mobilidade co concello veciño de Barbadás, xa que dende as 00.00 horas do xoves 14, non estará permitida, ao quedar o Concello de Ourense totalmente confinado perimetralmente.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome “lamenta moito as restricións que a Xunta se viu obrigada a tomar” sen cuestionar as medidas e xerarquía sanitarias. Agarda o rexedor “que se poidan levantar pronto” e que “remita”. “É un golpe durísimo para toda a economía e para a sociedade” en xeral e agardemos que se solvente pronto e que a vacina nos ampare a todos”, remata o alcalde.