Infraestructuras

Melloras na seguridade vial en Peliquín e Tarascón

O delegado do Goberno Pedro Blanco visita puntos de actuación.

Paco Sarria

Ourense | 02.05.2024 11:58

Camen Dacosta en Pelequín
Camen Dacosta en Pelequín | onda cero

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou das melloras en materia de seguridade na liña ferroviaria ó seu paso pola cidade de Ourense e pola localidade lucense de Sarria.

Serán suprimidos 7 pasos a nivel nos que o ADIF investirá 7 millóns de euros.

Blanco salientou a importancia destas obras na sua visita a Peliquín declarando que “as solucións mellorarán a permeabilidade transversal nestas localidades e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade”.

Ademáis de no paso a nivel de Peliquín as obras previstas abranguen tamén ó paso de Tarascón.