Conferencia de presidentes

Manuel Baltar defende o papel clave das deputacións

Valencia acolle esta quinta conferencia, logo da primeira convocatoria celebrada en 2014 a iniciativa de Manuel Baltar e secundada desde un primeiro momento pola Fundación Democracia e Goberno Local

Óscar Gómez

Ourense | 13.05.2022 09:22

Manuel Baltar defende o papel clave das deputacións
Manuel Baltar defende o papel clave das deputacións | onda cero

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defenderá na V Conferencia de Presidencias de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, que comezou hoxe en Valencia, o papel clave que deben xogar os gobernos provinciais na captación e xestión de fondos europeos, nomeadamente dos Next Generation. Ante presidentas y presidentes provinciais de todos os signos políticos e da práctica totalidade das provincias españolas, Manuel Baltar participará mañá venres nunha mesa redonda na que se abordará a importancia do financiamento da transformación dixital a través dos recursos comunitarios

Valencia acolle esta quinta conferencia, logo da primeira convocatoria celebrada en 2014 a iniciativa de Manuel Baltar e secundada desde un primeiro momento pola Fundación Democracia e Goberno Local. Unha idea que se consolida, afirmou o presidente ourensán, “como foro permanente de intercambio de experiencias, onde se pon de manifesto a importancia dos gobernos provinciais e a descentralización de competencias, tamén de todas aquelas que aínda non atribuídas legalmente si son da nosa incumbencia”.

A punto de cumprir 200 anos –a Deputación de Ourense estará de aniversario o próximo 27 de maio- “estes encontros nos permiten falar da utilidade destas institucións, da súa capacidade para poñer en valor os recursos de cada territorio e defender os intereses de cada provincia seguindo o papel outorgado pola Constitución, ademais de afianzar a nosa condición de gobernos cooperadores por definición na España autonómica e na Europa comunitaria”.

Reto demográfico e fondos europeos

Fondos Europeos para a recuperación: A importancia da transformación dixital é o título da mesa redonda na que mañá participará Manuel Baltar, que estará acompañado polos presidentes das deputacións de Ávila, Carlos García; Pontevedra, Carmela Silva; Segovia, Miguel Ángel de Vicente; Badaxoz, Miguel Ángel Gallardo; Albacete, Santiago Cabañero; e do Consell Insular de Mallorca, Catalina Cladera.

Con anterioridade celebrarase unha primeira mesa sobre O reto demográfico, coa participación dos titulares das deputacións de Huesca, Miguel Gracia; Burgos, César Rico; Castellón, José Pascual Martí; Girona, Miguel Noguer; Lugo, José Tomé; Soria, Benito Serrano; e Alacante, Carlos Mazón.

A quinta edición da conferencia de gobernos provinciais comezou hoxe no centro cultural La Beneficència de la capital valenciana con una conferencia sobre administración, democracia e goberno local, a cargo de Joaquín Tornos Mas, catedrático de Derecho Administrativo da Universidade de Barcelona e doutor en Dereito pola Universidade de Bolonia.