Ourense Cidade

Jácome agradece a todos os veciños por facer “o mellor Halloween de toda España”

Pérez Jácome destacou a participación “asombrosa” de público nunha celebración que, asegura, “cada ano vai a máis”.

Óscar Gómez

Ourense | 02.11.2023 08:07

Jácome agradece a todos os veciños por facer “o mellor Halloween de toda España”
Jácome agradece a todos os veciños por facer “o mellor Halloween de toda España” | Ourense.com

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome agradece a todos os veciños e visitantes da cidade que participaron onte na festa por facer do Halloween de Ourense 2023 “o mellor de toda España”. Pérez Jácome destacou a participación “asombrosa” de público nunha celebración que, asegura, “cada ano vai a máis”.

“Como alcalde de Ourense, quero darlles as grazas a todos os ourensáns e tamén a todos os cidadáns que chegaron de fóra para facer onte o mellor Halloween de toda España. O 31 de outubro, Noite do Terror, unha vez máis Ourense consolídase”, manifestou esta mañá Gonzalo Jácome, quen salientou que “tivemos unha festa tremendamente participativa e multitudinaria que nin a choiva, que apareceu ao final, puido frear. A participación foi realmente asombrosa, e cada ano vai a máis”.