As rapazas recibiron o Independiente F.C. de Vigo nun partido onde conseguiron impoñerse no marcador dende o primeiro minuto, acadando a vitoria cun resultado de Auriense Campus da Auga F.G. 37 - 14 Independiente F.C.
A escadra masculina tocoulle desprazarse ata Gondomar, onde xogaron o partido mais complexo da Liga ata agora. Os de Turonia souberon comezar forte con varios acertos a paus nos primeiros minutos, o que fixo que na final da primeira parte foran 6 puntos por diante. O descanso serviu aos nosos pra mentalizarse e conseguir darlle a volta ao resultado nunha infartante segunda parte acadando un resultado de Turonia GFG 24 - 30 Auriense Campus da Auga FG."