Un camioneiro de 50 anos, veciño da localidade ourensá de Cortegada perdeu a vida a pasada madrugada nun sinistro viario na autovía das Rías Baixas a altura das fervenzas de Melón. O suceso aconteceu cando -por razóns que se investigan-o vehículo fixo tixeira e a cabina quedou pendurada do viaducto precipitándose o conductor ao baleiro.
O suceso obrigou a garda civil a cortar o tráfico e habilitar desvíos alternativos

