Igualdade

A exposición sen cancelas percorrerá os centros educativos para dar a coñecer o movemento LGTBI

Lorenzana pon en valor o traballo continuado que desenvolve o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.

Óscar Gómez

Ourense | 14.06.2022 08:14

A exposición sen cancelas percorrerá os centros educativos para dar a coñecer o movemento LGTBI
A exposición sen cancelas percorrerá os centros educativos para dar a coñecer o movemento LGTBI | onda cero

A exposición Sen Cancelas, unha mostra divulgativa e itinerante que percorrerá diversos centros educativos galegos para dar a coñecer “sen prexuízos, nin estereotipos” a historia do movemento LGTBI en Galicia. Así o explicou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na inauguración desta iniciativa no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, un acto no que estivo acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Lorenzana destacou, en primeiro lugar, a importancia da colaboración entre a Xunta e o Consello da Cultura Galega para poñer en marcha iniciativas encamiñadas a dar a coñecer entre a mocidade a loita de Galicia contra as diferentes discriminacións que seguen a existir na sociedade. “Loitar contra as desigualdades e garantir os dereitos de todas as persoas é unha obriga de calquera sociedade democrática e tamén un imperativo legal”, apuntou a conselleira, quen lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei para garantir a igualdade de trato do colectivo LGTBI.

Exposición Sen Cancelas
Exposición Sen Cancelas | onda cero

A titular de Promoción do Emprego e Igualdade, ademais, puxo en valor o “traballo continuado” que desenvolve o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero e sinalou que para afianzar e facer perdurar os dereitos das persoas, sobre todo daqueles colectivos que foron historicamente máis vulnerables e discriminados, son necesarias leis, pero tamén “conciencias libres e informadas”. Así, indicou que a mostra Sen Cancelas propón un percorrido pola diversidade para deixar claro entre os máis novos que a identidade sexual e de xénero non poder ser nunca un obstáculo ou freo para alcanzar as súas metas. A mostra é “unha mirada sen cancelas” na que descubrir que a diversidade sexual e de xénero son exemplo de enorme riqueza e a través da que se poderá ter unha visión mundial dos fitos lexislativos para afianzar a liberdade