O sábado 19 de abril disputouse nos locais da Asociación de Veciños Barrocás o “Iº Aberto de Xadrez Lóstrego Semana Santa Barrocás coa participación de 42 xogadores dos cales 25 tiñan “ELO internacional”, entre eles o FM, Juan Alberto Gómez, do Ajedrez Coin Andaluz e o CM Ourensán, Manuel Vidal del Río do XOU de Ourense.
Clasificación despois de 7 roldas do 1º Aberto de Xadrez Lóstrego Semana Santa Barrocás
- Campión: Carlos Corral (XOU Ourense)
- Subcampión: Manuel Vidal (XOU Ourense)
- Terceiro: Marcos Vázquez (Xadrez Ourense)
- Cuarto: Luis Fernández (Xadrez Ourense)
- Campión Infantil: Brais Vázquez (Xadrez Ourense)
- Campión Veterán: Miguel Angel Santiago (Xadrez Marín)

