Entroido Ourense

Eladio Santos destaca o valor cultural e turístico do entroido de Viana do Bolo

O subdelegado do Goberno destaca que o recoñecemento do entroido de Viana de Bolo como festa de Interese Turístico Nacional sitúa ao territorio como referente de patrimonio inmaterial da provincia de Ourense.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Eladio Santos destaca o valor cultural e turístico do entroido de Viana do Bolo
Eladio Santos destaca o valor cultural e turístico do entroido de Viana do Bolo | Concello de Viana do Bolo

Eladio Santos destacou que o Entrudio de Viana do Bolo foi declarado recentemente como Festa de Interese Turístico Nacional, xunto aos entroidos de Manzaneda e Vilariño de Conso. “Trátase dun recoñecemento que sitúa a este territorio como referente do patrimonio inmaterial da provincia de Ourense”, destacou.

“San Mamede é mantén con orgullo tradicións que hoxe son un motor cultural, social e económico para a comarca”, afirmou o subdelegado, que felicitou aos organizadores da comparsa, que recuperaron esta tradición no 2019. “Sen a implicación dos veciños e veciñas de Viana do Bolo sería imposible manter viva a tradición”, indicou.

Ademais, Eladio Santos felicitou ao Concello de Viana do Bolo por conseguir o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Nacional. “Quero felicitar aos concellos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso porque a súa unión e capacidade para traballar xuntos por un obxectivo común, así como a loita por preservar os seus valores culturais, fixeron posible este logro”, destacou.

A comparsa tradicional de Viana do Bolo divídese en catro partes: o permiso, a ronda, o brindis e a disputa.