A policía nacional de Ourense logrou deter a unha muller coma responsable dos lumes en contenedores no barrio ourensán de A Ponte que provocaron danos en tres vehículos e nas fachadas dun edificio e catro comercios. Os axentes da UDEV concluíron que foi a mesma persoa a autora dos tres actos vandálicos intencionados cuantificando os danos nuns 29.000 euros. A detida pasou xa a disposición xudicial.
Detida a responsable da queima de contenedores en a Ponte
O primeiro lume producíuse na madrugada do pasado 11 de febreiro ao que lle seguiron dous similares ao día seguinte e tamén o 28 de febreiro.
