Ourense Provincia

A Deputación estuda o aumento de prazas para o programa EsquiOU

As solicitudes desbordaron á organización pese a que este ano ampliáronse as prazas dispoñibles (1.050).

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación estuda o aumento de prazas para o programa EsquiOU
A Deputación estuda o aumento de prazas para o programa EsquiOU | Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso coa igualdade de oportunidades, o deporte base e a cohesión territorial co reforzo do programa EsquiOU, que este ano alcanza unha cifra récord de 1.050 prazas, distribuídas en dez quendas de tres días e dúas noites. Precisamente, á vista de que foron superadas todas as expectativas pese ao aumento de capacidade, o presidente provincial, Luis Menor, anunciou que a institución provincial está a estudar o aumento de prazas para este programa dirixido aos colexios.

Cada quenda conta con arredor de 105 rapaces e rapazas procedentes de todas as comarcas da provincia, garantindo o carácter verdadeiramente provincial do programa. EsquiOU está dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2017, asegurando que toda unha xeración poida acceder á mesma experiencia independentemente do seu lugar de residencia

Ademais, cada quenda reserva cinco prazas para menores en situación de inclusión especial, incluíndo discapacidade auditiva, visual, TEA, síndrome de Down ou outras condicións que requiran apoio específico, reafirmando o compromiso da Deputación cun deporte e lecer sen barreiras

Un programa flexible

O programa desenvólvese na única estación de esquí de Galicia, a Estación de Montaña de Manzaneda, que conta con 23 pistas homologadas, snow park e escola de esquí con profesionais acreditados

Co obxectivo de garantir a experiencia con independencia das condicións meteorolóxicas, EsquiOU inclúe un plan alternativo de actividades no caso de ausencia de neve, con formación teórica de esquí, tenis, pickleball, tiro con arco, piscina climatizada, rocódromo, multiaventura, orientación e veladas nocturnas

Nas últimas edicións, todos os participantes puideron practicar esquí ou realizar actividades alternativas equivalentes, asegurando así o aproveitamento do investimento público.

Colaboración institucional e apoio ás familias

O programa é posible grazas á colaboración entre a Deputación de Ourense e a Estación de Montaña de Manzaneda, a través dun convenio formal de cofinanciamento

Cada participante achega unha cota simbólica máxima de 30 euros, estando o resto do custo subvencionado pola institución provincial, nun modelo que combina apoio directo ás familias, impulso ao deporte base, dinamización económica da estación e vertebración territorial.

Client Challenge

A Deputación de Ourense continúa así “apostando por programas que constrúen oportunidades desde a infancia e fortalecen a identidade provincial a través do deporte, a convivencia e a igualdade de oportunidades”, tal e como sinalou Luis Menor.