O vindeiro sábado 15 de xullo de 2023, última xornada das catro que conforman a Copa Provincial de Judo 2023, unha competición que reunirá a 180 participantes de toda a provincia na competición máis importante da tempada.
As categorías repártense dende o Piruleta -menos de 18 quilos- ata o alevín. A fusión das categorías Masculina e Feminina mantense na categoría OPEN, aberta a competidores de ambos sexos. Unha medida que aumenta o número de pelexas entre os participantes e potencia o ritmo do torneo.
A Copa, patrocinada integramente polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense e organizada pola Delegación de Judo de Ourense, é a competición máis importante a nivel provincial e o principal caldo de cultivo de novos judokas. É a primeira experiencia competitiva da gran maioría. Consta de catro xornadas, todas puntuables, polo que a asistencia será un factor determinante para a clasificación final.
A cuarta xornada decidirá os campións de cada categoría e rematará coa entrega das medallas a todos os participantes. Como colofón ao remate da tempada 2022-2023, farase unha foto de familia na que participarán participantes e judokas ourensáns de todos os tempos.