Ourense Cidade

O Concello de Ourense inicia as actividades de animación á lectura nas bibliotecas

Desenvolveranse nas bibliotecas de San Francisco, A Ponte e A Carballeira durante os meses de xullo e de agosto, son gratuítas, e van dirixidas á rapazada de 2 a 12 anos.

Óscar Gómez

Ourense | 18.07.2023 07:51

O Concello de Ourense inicia as actividades de animación á lectura nas bibliotecas
O Concello de Ourense inicia as actividades de animación á lectura nas bibliotecas | onda cero

O Concello de Ourense comezou, na Biblioteca Pública de San Francisco, o programa de animación á lectura 'Ler conta moito', unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais. A primeira das sesións foi a de Xela, a superheroína de aldea, a cargo de Inma Soto, e contou coa asistencia da concelleira de Educación, Tamara Silva.

O programa continuará a través das bibliotecas públicas municipais da Ponte, San Francisco e A Carballeira durante os meses de xullo e de agosto. Está dirixido ao público infantil -entre 2 e 12 anos-, pero está aberto a persoas de todas as idades. As actividades son de balde e comezarán ás 11.00 horas.

Xullo 2023

    • Venres 21, 11.00 horas – BPM A Ponte

Cecilia e a súa boneca. A Run Run

    • Xoves 27, 11.00 horas – BPM A Ponte

A maxia dos contos. Mago Teto

    • Venres 28, 11:00 horas – BPM San Francisco

O mago Albert ten moito conto. Mago Albert

Agosto 2023

    • Mércores 9, 11:00 horas – BPM A Carballeira

Uxía e o garabato. Sabela Gago

    • Mércores 23, 11:00 horas – BPM A Carballeira

Antoloxía de despropósitos. A maga Fani.

'Ler conta moito' é unha actividade da Xunta de Galicia para dinamizar a lectura a través de contacontos para achegarlle á cidadanía a lectura dunha maneira lúdica e atraente. Desenvólvese nas bibliotecas públicas adheridas á Rede Galega de Bibliotecas Públicas.