Concello de Ourense

O Concello instala un poboado de Nadal na Praza Bispo Cesáreo

Entrarán en servizo o venres, trala inauguración das luces de Nadal e acollerán actividades durante todas as festas, así mesmo se intalará un espazo infantil no Parque de San Lázaro.

Óscar Gómez

Ourense | 01.12.2021 10:23

O Concello instala un poboado de Nadal na Praza Bispo Cesáreo
O Concello instala un poboado de Nadal na Praza Bispo Cesáreo | onda cero

A Praza Bispo Cesáreo o Parque de San Lázaro serán dous dos eixos da programación de actividades infantís que desenvolverá o Concello durante este Nadal. O Concello está a rematar a instalación dun Poboado de Nadal na rúa de Bispo de Cesáreo, no que estarán presentes a través figuras representativas de personaxes como Papá Noel, co seu trono e trineo, os renos ou os elfos. O poboado acollerá tamén actividades como sesións de contacontos.

O Parque de San Lázaro será tamén decorado de forma especial por esta celebración e servirá de escenario para actividades como contacontos e obradoiros de manualidades para a cativada. As actividades nestes espazos contarán coa participación da Escola de Teatro do Concello de Ourense.

Poboado de nadal
Poboado de nadal | onda cero

Os dous espazos inauguraranse o venres, 3 de decembro, a continuación do acendido das luces de Nadal 2021, nunha xornada que incluirá tamén a actuación musical de Chattanooga Big Band e un espectáculo sorpresa para o público que se achegue á inauguración.

Son algunhas das propostas da programación de actividades que organiza o Concello para o Nadal, entre as que está tamén o autobús musical que se encargará de ambientar as rúas da cidade, prestando cada día atencióin especial a un barrio.