A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia esta semana obras de mellora en diferentes puntos da cidade.
No barrio da Carballeira procederase á reconstrución dun muro de contención e ao posterior aglomerado da rúa do Hórreo, dende o colexio até a rúa da Rula. O tempo estimado de duración desta obra é 4 semanas, sempre que as condicións climatolóxicas permitan desenvolver a actividade con normalidade. O orzamento é 48.000 €.
En Seixalbo, inícianse as obras de adecuación do Camiño do Golfo, cun tempo estimado de execución de 3 semanas. O orzamento é 45.918.12 €. Na Cruz Alta, ponse en marcha as obras de ensanche de beirarrúas na rúa da Canle, dende Fonte do Monte até Ricardo Courtier, para dotalas dun ancho apropiado ao uso e adaptalas á lexislación vixente. O ensanchamento desta beirarrúa farase a costa da redución do ancho da vía, que conservará o ancho suficiente para a circulación de vehículos. Co obxectivo de humanizar a beirarrúa, amais das adaptacións para a mellora da accesibilidade nos pasos de peóns, procederase á plantación de sete árbores. O orzamento total desta obra é 44.99,40 €.
Por último, procederase ao asfaltado da rúa Rabaza, até o viveiro de Mende. O importe desta obra é 157.002,74€.