MIR OURENSE

Chegan a Ourense 57 médicos e médicas para formarse

Ourense incorpora en 2024 a cifra máis numerosa de médicos residentes da historia do postgrao, sendo a maioría mulleres.

Jesús Álvarez

Ourense | 08.05.2024 09:37

MIR Ourense 2024
MIR Ourense 2024 | Faro de Vigo

Cincuenta e sete médicos residentes inician a sua especialización na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Segundo informou o Sergas é a promoción máis numerosa dende que se imparte formación de postgrao en Ourense hai 47 anos, sendo o 70% mulleres. Por especialidades, as máis demandadas son Medicina Familiar e Comunitaria e Saude Mental no ámbito hospitalario. Por primeira vez na historia da formación de posgrado en Ourense haberá unha residente na especialidade de dermatoloxía.

Os 17 médicos e 40 médicas residentes foron recibidos no Complexo Hospitalario de Ourense polo xerente da área sanitaria, Félix Rubial e o equipo directivo e docente.

A duración da etapa de aprendizaxe depende da especialidade elexida, anque a maioría completarán un ciclo de catro anos, cinco no caso das disciplinas cirúrxicas, mendicina intensiva, oncoloxía médica, psiquiatría e medicina interna ademáis de duas especialidades na enfermería.

Os novos residentes serán atendidos por máis dun cento de titores con dilatada experiencia.